venres, 13 de novembro de 2015

TEMA 2 HARDWARE

Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 32 e 33 do libro (non é necesario buscar información adicional, excepto no punto 1) e son os seguintes:
  • Superordenador Mare Nostrum. Busca información (aprox 15 liñas) e imaxe na rede.
  • Tablets. Busca imaxe na rede.
  • Smartphones. Busca imaxe na rede. 



Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 36 e 37 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • RAM. Busca imaxe na rede.
  • Memoria caché.
  • Memoria virtual.
  • Memoria ROM-BIOS.
  • Memoria RAM-CMOS.

ACTIVIDADE 6.pdf
  Impresora 3D.
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). 

  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). 
IMPRESORA 3D:

A impresora 3D é unha máquina ou dispositivo mecánico capaz de, mediante diversos procesos
utilizados, sintetizar un obxecto tridimensional. Na impresión en 3D, as sucesivas capas de material
fórmanse baixo control por computador. Estes obxectos poden ser de case calquera forma ou
xeometría, e prodúcense a partir dun modelo 3D ou outra fonte de datos electrónicos. Unha
impresora 3D é un tipo de robot de manufactura industrial.
Hai dous tipos de impresorias 3D:

-Impresoras 3D de tinta: No caso das impresoras de tinta, o po compositivo utilizado pode
ser a base de escaiola ou celulosa. A vantaxe é que é un método máis rápido e económico,
aínda que as pezas son máis fráxiles.
-Impresoras 3D láser: No caso das impresoras de láser, ao acabar o proceso de impresión,
debe esperarse un tempo para que o material acabe de polimerizarse. Despois xa se pode
manipular a peza. A vantaxe é que as pezas son máis resistentes, aínda que o proceso é máis
lento e máis custoso.
Os seus usos actuais son en:

-O medicamento: A impresión 3D de medicamentos pode permitir aos médicos receitar
doses máis precisas, axustadas ás necesidades de cada paciente. O primeiro medicamento
que pode ser producido por impresión 3D chámase Spritam e utilízase para o tratamento da
epilepsia.
-Prótese: Creouse unha prótese robótica cunha impresión 3D. O brazo é controlado por
ondas cerebrais e ten un deseño robusto e avanzado.
-Transplantes: Moita xente sofre accidentes que lle provocan feridas tan graves que
necesitan unha reconstrución dalgunhas partes do corpo. A primeira creación dun material
con propiedades parecidas ás do tecido humano fórmase con miles de pingas de auga
conectadas e pode realizar algunha das tarefas das células do noso corpo.
-Órganos: Nas impresoras 3D usadas para crear órganos úsanse células vivas como material
para imprimir. A partir destas é posible xerar un órgano para implantarllo a unha persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario