luns, 21 de setembro de 2015

A miña música preferida.

O meu grupo de música preferido é Coldplay. 
Coldplay es un grupo de música británico formando en Londres no 1996.
O grupo está integrado por Chris Martin (voz, teclado e guitarra) Jon Buckland (guitarra principal), Guy Berryman (bajo eléctrico) e Will Champion (batería, coros e otros instrumentos). 
  


Conseguiron fama mundial co lanzamento do single "Yellow" no ano 2000, seguido do seu álbum de debut nese mesmo ano, Parachutes, o cal foi nomeado ao Mercury Prize, que premia ao mellor álbum do ano do Reino Unido e Irlanda. O seu segundo álbum, A Rush of Blood to the Head (2002), tivo unha gran crítica e gañou numerosos premios, incluíndo o de Álbum do ano da MNE, e foi considerado coma o mellor dos álbums de Coldplay producidos por Ken Nelson. O seguinte traballo, X&Y, foi o álbum máis vendido no mundo en 2005. O cuarto álbum de estudio, Viva la Vida or Death and All His Friends (2008), foi producido por Brian Eno e obtivo de novo moi boas críticas, numerosas nominacións e trofeos nos 51º Premios Grammy. O 24 de outubro de 2011, editaron o seu quinto álbum de estudio, Mylo Xyloto.